Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2018 Páx. 44545

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia

EDICTO (PO 64/2015).

Eu, María Isabel Parajó Martínez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia, fago saber que no presente procedemento ordinario 64/2015, seguido por instancia de Ofelia Peña Buján fronte a Bienvenido Peña Buján, María Jovita Peña Alonso, Atilano Peña Domínguez, Raimundo Peña Rey, María-Belén Peña Rey, María del Carmen Conde Peña, Luis Conde Peña, herdeiros descoñecidos e incertos e demais persoas que poidan ter interese na herdanza de María Peña Buján, herdeiros descoñecidos e incertos e demais persoas que poidan ter interese na herdanza de Dolores Peña Buján, herdeiros descoñecidos e incertos e demais persoas que poidan ter interese na herdanza de Candelaria Peña Buján, herdeiros descoñecidos e incertos e demais persoas que poidan ter interese na herdanza de Aurelia Peña Buján, herdeiros descoñecidos e incertos e demais persoas que poidan ter interese na herdanza de Rogelio Conde Peña, Lorena Tallón García ditou sentenza o 25 de outubro de 2017, cuxa resolución é a seguinte:

«Acordo estimar parcialmente a demandada interposta por Ofelia Peña Buján, representada polo procurador Miguel Ángel Moledo Güeto e asistida pola letrada Paula Mosteiro Rodal, fronte a Bienvenido Peña Buján, representado polo procurador Francisco Javier Salmonte Rosendo e asistido polo letrado Manuel Blanco Ons Fernández, Carmen Conde Peña, representada polo procurador Francisco Gómez Castro e asistida pola letrada María Puente Pérez, Luís Conde Peña, representado polo procurador Juan Pena Abeijón e asistido polo letrado Mauro Pérez Vidal, así como as comunidades hereditarias de María, Dolores, Candelaria, Aurelia, Atilano Peña Buján, e Rogelio Conde Peña, Raimundo e María Peña Rey, todos eles en situación de rebeldía procesual, e, en consecuencia, declaro a procedencia da rescisión por lesión da partición de Rogelio Peña e Carmen Buján, aprobada por auto do 13 de abril de 2012, e condeno os demandados a estar e pasar por dita declaración, así como ao codemandado Bienvenido Peña Buján a abonar á demandante a suma de dezaoito mil oitocentos dezaoito euros con sesenta céntimos (18.818,60 €).

Acordo desestimar a demanda reconvencional promovida por Luís Conde Peña, representado polo procurador Juan Pena Abeijón e asistido polo letrado Mauro Pérez Vidal, fronte a Ofelia Peña Buján, Bienvenido Peña Buján, Carmen Conde Peña, así como as comunidades hereditarias de María, Dolores, Candelaria, Aurelia, Atilano Peña Buján, e Rogelio Conde Peña, Raimundo e María Peña Rey, e, en consecuencia, procede absolver os demandados de todos os pedimentos deducidos fronte a eles.

Non procede efectuar pronunciamento de condena ao pagamento das custas derivadas da demanda principal. As custas derivadas da demanda reconvencional impóñense a demandado reconvinte».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de María Jovita Peña Alonso, Atilano Peña Domínguez, Raimundo Peña Rey, María-Belén Peña Rey, herdeiros descoñecidos e incertos e demais persoas que poidan ter interese na herdanza de María Peña Buján, herdeiros descoñecidos e incertos e demais persoas que poidan ter interese na herdanza de Dolores Peña Buján, herdeiros descoñecidos e incertos e demais persoas que poidan ter interese na herdanza de Candelaria Peña Buján, herdeiros descoñecidos e incertos e demais persoas que poidan ter interese na herdanza de Aurelia Peña Buján, herdeiros descoñecidos e incertos e demais persoas que poidan ter interese na herdanza de Rogelio Conde Peña, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, logo do depósito de 50 euros na conta de consignacións dese xulgado.

Noia, 3 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza