Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2018 Páx. 44543

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (935/2003-X).

Eu, Luís Diego Espino Hernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos sobre filiación co número 935/03-X, nos cales se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución literalmente din:

«Sentenza

En Vigo o cinco de novembro de dous mil catro.

Francisco Javier Romero Costas, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, despois de ver os autos seguidos neste Xulgado co número 935/2003-X a instancia de Olga María Silva López, quen actúa en calidade de representante legal do seu fillo menor Domingo Silva López, representado pola procuradora María del Carmen López de Castro, contra o Ministerio Fiscal e contra os herdeiros de Domingo Faro Muñoz, dita os seguintes antecedentes de feito, fundamentos de dereito e resolución,

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolución

Estimando a demanda deducida por Olga María Silva López, como representante legal e en interese do seu fillo menor Domingo Silva López, contra os herdeiros legais de Domingo Faro Muñoz e o Ministerio Fiscal, debo declarar e declaro:

A) A paternidade extramatrimonial de Domingo Faro Muñoz respecto do seu fillo menor Domingo Silva López.

B) Na súa consecuencia e a partir deste momento, o menor Domingo Silva López levará o apelido do seu pai, pasando a chamarse Domingo Faro Silva.

Para a efectividade de todo o anterior librarase o oportuno exhorto ao xulgado encargado do Rexistro Civil de Vigo número 3 de Primeira Instancia, co obxecto de que se tomen as oportunas inscricións ou anotacións neste para a súa plena efectividade conforme o contido nesta resolución e unha vez firme esta.

Non procede facer expresa imposición das custas.

Así por esta a miña sentenza, que será firme se non se formula contra ela recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 457 e seguintes da LAC, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación aos herdeiros descoñecidos e incertos de Domingo Faro Muñoz, expido e asino este edicto.

Vigo, 19 de novembro de 2004

O secretario