Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2018 Páx. 44547

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Verín

EDICTO de notificación de sentenza (344/2016).

Eu, Manuel Rodríguez Zarraquiños, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ourense, fago saber que no xuízo sobre delitos leves núm. 344/2016 deste xulgado, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza

Verín, 15 de decembro de 2016.

María Teresa Marcos Mariño, xuíza en substitución do Xulgado de Instrución número 1 de Verín e do seu partido, tendo visto a causa seguida baixo o número 344/2016 por estafa, na cal figuran en calidade de denunciantes Serafín Matías Folgoso e Jesús Matías Folgoso e en calidade de denunciados Juan Ramón Pifarre Marcos, Pablo Pereiro Santirso e Carlos Alonso Portela, con intervención do Ministerio Fiscal, ditou a seguinte

Sentenza

Que debo condenar e condeno Juan Ramón Pifarre Marcos, Pablo Pereiro Santirso e Carlos Alonso Portela, como autores criminalmente responsables da comisión dun delito leve de estafa do artigo 249.2 do Código penal á pena de dous (2) meses de multa a razón de oito euros diarios (480 euros) cada un deles, con responsabilidade persoal subsidiaria en caso de non pagaren do artigo 53 do Código penal consistente nun día de privación de liberdade por cada dúas cotas sen pagar, e ao pagamento das custas procesuais.

Así mesmo, condénanse a aboaren solidariamente ao prexudicado Jesús Matías Folgoso a cantidade de corenta euros (40 €), máis xuros legais do artigo 576 da LAC.

Notifíquese esta resolución ás partes intervenientes.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación (artigo 976 da LAC), no modo e forma establecidos nos artigos 790 e 792 da Lei de axuizamento criminal.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Ramón Pifarre Marcos, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Verín, 12 de setembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza