Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44157

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (723/2017).

Eu, Rosario Cantalejo García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, dou fe e certifico que no procedemento ordinario nº 723/2017 se ditou a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 110/2018.

Vigo, 3 de setembro de 2018.

Vistos por min, Miguel Melero Tejerina, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario, seguidos por instancia de Rosa Fresco Rodríguez, Benjamín Filgueira Fresco e Daniel Filgueira Fresco, representados polo procurador Ricardo Estévez Cernadas e asistidos pola letrada María Lariño Noia; contra Rudesindo Antañón Rosado e María Dolores Vieites Alén, representados polo procurador Manuel Castells López e asistidos polo letrado Ramón Alén López, e contra Nova Acrópole Promociones y Edificaciones, S.L., en rebeldía procesual.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Resolución:

Desestimo integramente a demanda interposta contra Rudesindo Antañón Rosado e María Dolores Vieites Alén, que absolvo, con expresa condena en custas de Rosa Fresco Rodríguez, Benjamín Filgueira Fresco e Daniel Filgueira Fresco.

Estimo parcialmente as pretensións da parte demandante contra Nova Acrópole Promociones y Edificaciones, S.L. e condénoa a pagar a Rosa Fresco Rodríguez, Benjamín Filgueira Fresco e Daniel Filgueira Fresco a suma de 28.724,30 euros, máis os xuros legais do artigo 576 da Lei de axuizamento civil, sen facer especial pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, no Banco Santander, na conta deste expediente ES5500493569920005001274 (concepto 3640 0000 04 0723 17) un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado maxistrado xuíz. Dilixencia de publicación».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da parte demandada, Nova Acrópole Promociones y Edificaciones, S.L., expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 3 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza