Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44159

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 304/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 304/2016 por instancia de Silvia Fernández Casteleiro contra o Restaurante O Portugués e o Fondo de Garantía Salarial, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou sentenza o 4 de setembro de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución

Desestímase a demanda interposta por Silvia Fernández Casteleiro fronte á empresa Restaurante O Portugués e absólvese esta última das pretensións dirixidas fronte a ela.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que debe anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Restaurante O Portugués, expido e asino a presente.

A Coruña, 11 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza