Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44160

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 535/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Ainhoa Rodríguez Suárez contra Eva Viñas Domínguez, Sara Carballo Luengos, Fondo de Garantía Salarial, Jovi Coiron, C.B., Alfonso Aspres Campos, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 535/2017, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei de xurisdición social, citar a Eva Viñas Domínguez, Sara Carballo Luengos, Jovi Coiron, C.B., Alfonso Aspres Campos, en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 7 de febreiro de 2019, ás 10.45 e 10.50 horas, na planta primeira, sala 6, edificio da Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer no acto de xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención á demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Eva Viñas Domínguez, Sara Carballo Luengos, Jovi Coiron, C.B., Alfonso Aspres Campos, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 7 de setembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza