Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44156

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 3 de setembro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se publica a resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a de unidade (Quirófano).

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria para a súa provisión, polo sistema de concurso de méritos e defensa de proxecto, dun posto de supervisor/a de unidade (Quirófano) da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

As bases da citada convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios de Recursos Humanos, sito na planta baixa do Hospital Arquitecto Marcide e na páxina web do Sergas (www.sergas.es)

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberanse presentar no Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, dirixidas ao xerente de Xestión Integrada, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderanse presentar a través de calquera dos rexistros previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ferrol, 3 de setembro de 2018

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol