Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2018 Páx. 42948

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (540/2017).

Álvaro Garrido Rodríguez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fai saber que neste xulgado se segue divorcio contencioso 540/2017 por instancia de Lina López Álvarez contra Domingo García Caiña, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza de divorcio

Sentenza 314/18

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

En Ourense o 29 de maio de 2018.

Vistos os presentes autos número 540/2017 sobre divorcio promovidos pola procuradora Sra. Crespo, en nome e representación de Lina López Álvarez, como demandante, asistida polo letrado Sr. Álvarez, fronte a Domingo García Caiña, declarado en rebeldía.

Resolución

Acordo a disolución do matrimonio formado por Lina López Álvarez e Domingo García Caiña con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución.

En concepto de alimentos a favor das súas fillas establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes, a suma de 400 euros a cada unha delas e nas contas das súas fillas (ES5300495230982595727341, titularidade de Laura, e ES0800495230912198449571), que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa na data do un de xaneiro.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal. Deberá constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría».

E para que conste e sirva de cédula de notificación para Domingo García Caiña en paradoiro descoñecido, expido o presente.

Ourense, 19 de xullo de 2018

O letrado da Administración de xustiza