Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2018 Páx. 42950

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (456/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Carlos Luis Marticorena Rodríguez contra Infordeza, S.L.U. e Carlos López Alvarellos, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 456/2017 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Infordeza, S.L.U. e Carlos López Alvarellos, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 13.12.2018, ás 11.00 e 11.05 horas, na planta baixa, sala 6, Edificio dos xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, poñerán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Infordeza, S.L.U. e Carlos López Alvarellos, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 3 de setembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza