Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2018 Páx. 42946

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1539/2017).

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fai saber que neste xulgado se segue divorcio contencioso 1539/2017 por instancia de Yolanda Álvarez Cid contra Abdoulie Sonko, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza de divorcio

Sentenza 317/18

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

En Ourense o 29 de maio de 2018.

Vistos os presentes autos número 1539/2017, sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. Outeiriño, en nome e representación de Yolanda Álvarez Cid, como demandante, asistida polo letrado Sr. Conde, fronte a Abdoulie Sonko, declarado en rebeldía.

Resolución

Acordo a disolución do matrimonio formado por Yolanda Álvarez Cid e Abdoulie Sonko con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución. Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal. Débese constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría».

E para que conste e sirva de cédula de notificación para Abdoulie Sonko, en paradoiro descoñecido, expido o presente.

Ourense, 29 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza