Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2018 Páx. 42944

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2018 pola que se resolve a convocatoria do 2 de maio de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 90, do 11 de maio) para a cobertura dun posto de xefe/a da Sección de Calidade.

Convocada por Resolución do 2 de maio de 2018 (DOG núm. 90, do 11 de maio), a provisión do posto de xefe/a de Sección de Calidade, esta dirección, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 142/2015, do 17 de setembro, pola que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 197, do 15 de outubro),

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe de Sección de Calidade, convocado por Resolución do 2 de maio de 2018 (DOG núm. 90, do 11 de maio).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, o/a candidato/a nomeado/a será avaliado/a, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder a súa remoción.

Cuarto. O/a aspirante nomeado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, o no prazo de quince (15) días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional, ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/a interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orden sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución, poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos del Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2018

María Luísa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de Sección de Calidade.

Nome e apelidos: Azucena Castrillo Fernández.

DNI: *****912Q (*).

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.