Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2018 Páx. 37983

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo

EDICTO (207/2016).

Raimundo Díaz Valcarce, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo, polo presente anuncio:

Neste órgano xudicial tramítase o procedemento ordinario 207/2016, seguido por instancia de Ubaldina Fernández Doval contra Antonio Víctor González Palmeiro e outros, nos cales se ditou a seguinte resolución:

Sentenza número 15.

En Mondoñedo o 1 de marzo de 2018.

Vistos por Ana Mª Bande Ramudo, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo, os presentes autos do xuízo ordinario exercendo a acción declarativa de dominio, seguidos ante este xulgado baixo o 207 do ano 2016, por instancia de Ubaldina Fernández Doval, representada polo procurador Fernández Expósito e asistida polo letrado Villarino Fernández, contra Antonio Víctor González Palmeiro, Luis Ramón González Palmeiro, Ana María González Palmeiro e José González Palmeiro, como herdeiros de María González Rilo, representados polo procurador Prieto Vázquez e asistidos polo letrado Coira Gómez, e contra os herdeiros de Asunción González Rilo e Marina González Rilo, e herdeiros de Celia González Rilo, declarados en situación de rebeldía procesual.

Decido estimar totalmente a demanda interposta por Ubaldina Fernández Doval contra os herdeiros de Asunción González Rilo, herdeiros de Marina González Rilo e herdeiros de Celia González Rilo, e contra Antonio Víctor González Palmeiro, Luis Ramón González Palmeiro, Ana María González Palmeiro e José González Palmeiro, como herdeiros de María González Rilo, e declaro:

– Que o predio descrito como «No termo municipal e zona da Pastoriza, predio número 1-96-1 do plano xeral de concentración parcelaria que se describe así: rústica, terreo dedicado a secaño, no sitio das Penas, que linda ao norte, 1-97 de Venancio López Castelo; sur, 1-96-2 de Francisco Legaspi Ramos; leste, camiño; oeste, camiño, e ten unha extensión superficial dunha hectárea, oitenta áreas e 31 centiáreas» é da propiedade privativa da demandante;

– Que os herdeiros de Consuelo González Rilo están obrigados a formalizar escritura de entrega de legado da parte ganancial que esta causante tiña no predio referido a favor da demandante como sucesora de Francisco Legaspi Ramos;

– Que procede a rectificación, continuando o tracto sucesivo do asento rexistral do predio litixioso que figura no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo, no tomo 379, libro 47, folio 13, predio número 5350 da Pastoriza, inscrición 1ª, de forma tal que pase a figurar este predio como da propiedade privativa da demandante.

– Que se condenen os demandados a avirse aos anteriores pronunciamentos e a facer o preciso para a súa efectividade.

Todo iso con imposición das custas á parte demandada declarada en situación de rebeldía procesual.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a súa interposición será necesario previamente constituír un depósito de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado, condicionándose a súa admisión a esta consignación.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose en paradoiro descoñecido os herdeiros de Asunción González Rilo, Marina González Rilo e de Celia González Rilo e declarados en situación de rebeldía procesual, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Mondoñedo, 3 de xullo de 2018

O letrado da Administración de xustiza