Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2018 Páx. 37981

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (9/2018).

XVB xuízo verbal 9/2018

Procedemento de orixe: monitorio 363/2017. Sobre outros verbal

Demandante: comunidade de propietarios rúa Raxoeira

Procurador: Luis Rieiro Noya

Avogada: María Dolores García Loureiro

Demandados: Ramón Seoane Rodríguez e Concepción García Gesto

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza 43/2018.

Xuízo verbal 9/2018

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales

Demandante: comunidade de propietarios rúa Raxoeira 4, 6 e 8 de Milladoiro (Ames)

Avogada: Sra. García Loureiro

Procurador: Sr. Rieiro Noya

Demandado 1: Ramón Seoane Rodríguez (en rebeldía)

Demandado 2: Concepción García Gesto

Obxecto: reclamación de cotas comunitarias

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2018

Decisión:

Estimo integramente a demanda presentada pola comunidade de propietarios da rúa Raxoeira número 4, 6 e 8 de Milladoiro (Ames) contra Ramón Seoane Rodríguez e Concepción García Gesto e, en consecuencia, condeno solidariamente os demandados a aboarlle á parte demandante a cantidade de 1.491,45 euros, con aplicación do artigo 576 da LAC desde a data da sentenza. Todo iso con imposición de custas aos demandados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, coa indicación de que esta é firme e que contra ela non poderá interporse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, ao tratarse de xuízo verbal por razón da contía e ser inferior a 3.000 euros.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asino, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela».

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola xuíza que a ditou. Dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Ramón Seoane Rodríguez, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza