Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2018 Páx. 37985

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 869/2017).

Despedimento/cesamentos en xeral (DSP) 869/2017

Sobre: despedimento

Demandante: Jorge Castiñeira García

Avogado: Alberto Diz López

Demandados: Fogasa, Federación Gallega de Fútbol, Federación Gallega de Fútbol Sala, Secretaría Xeral para o Deporte, Xunta de Galicia, Asociación Gallega de Fútbol Sala

Avogados: letrado de Fogasa, Alberto Gallego Rivera (...), letrado da Comunidade, (...)

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 869/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Castiñeira García contra a Federación Gallega de Fútbol, Federación Gallega de Fútbol Sala, Secretaría Xeral para o Deporte, Xunta de Galicia, Asociación Gallega de Fútbol Sala, Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Jorge Castiñeira García contra a entidade Asociación Gallega de Fútbol Sala e Secretaría Xeral para o Deporte, Xunta de Galicia e, en consecuencia, debo absolver as demandadas das pretensións formuladas na súa contra.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Jorge Castiñeira García contra as entidades Federación Gallega de Fútbol e Federación Gallega de Fútbol Sala e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto en data do 31 de xullo de 2017, e debo condenar e condeno solidariamente a que as entidades Federación Gallega de Fútbol e Federación Gallega de Fútbol Sala, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 48,23 diarios ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 18.522,51 €, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 €.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Federación Gallega de Fútbol Sala, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza