Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36820

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 32/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 32/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adrián Gómez Álvarez contra Calvi Proyectos, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza de data 2 de xullo de 2018, cuxo encabezamento e decisión son do tenor literal seguinte:

«Sentenza 341/2018.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades salariais) baixo o número 32/2017, nas cales é parte demandante Adrián Gómez Álvarez, asistido pola letrada Sra. Navarro Rodríguez, e son partes codemandadas a mercantil Calvi Proyectos, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar, así mesmo, citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do rei, dito a presente con base nos seguintes,

Decisión.

Que debo estimar parcialmente e estimo parcialmente (por declararse a prescrición de boa parte das cantidades agora reclamadas en demanda, concretamente as devindicadas nos meses de agosto, setembro e outubro de 2015, p.p. pagas extras, p.p. vacacións non gozadas) a demanda presentada por Adrián Gómez Álvarez, asistido pola letrada Sra. Navarro Rodríguez, fronte á empresa Calvi Proyectos, S.L., e fronte ao Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada Calvi Proyectos, S.L. a aboar a favor do traballador demandante a cantidade de 8.921,51 euros (en concepto de cantidades devindicadas nos meses de novembro de 2015, decembro de 2015 e xaneiro de 2016, p.p. pagas extraordinarias, p.p. vacacións non gozadas e falta de aviso previo) + a cantidade que resulte e se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal percibido por mora no pagamento do salario sobre toda cantidade de condena principal que teña a condición de cantidade salarial ex artigos 26 e 29.3, ambos os dous do Estatuto dos traballadores.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que puidese corresponder legalmente ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación, que se presentará no plenario de cinco días contados desde o seguinte ao de notificación da presente ante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo de consignación do depósito legalmente previsto na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, coas condicións e requisitos do artigo 191, seguintes e concordantes da nosa Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Calvi Proyectos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza