Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36817

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (195/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 195/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de César Salgado Pena contra a empresa Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L. e Loaira Sistema de Persianas, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decreto número 324/2018.

Letrada da Administración de Xustiza Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2018.

Antecedentes de feito.

Primeiro. César Salgado Pena presentou demanda de execución fronte a Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L. e Loaira Sistema de Persianas, S.L.

Segundo. Ditouse auto despachando execución en data do 27.7.2017 por un total de 2.976,09 euros en concepto de principal, máis outros 297,61 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas da execución.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que de non se ter coñecemento da existencia de bens abondo do executado en que facer traba e embargo, practicaranse as indagacións procedentes e de ser infrutuosas, total ou parcialmente, a letrada da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír ao Fondo de Garantía Salarial e á parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar as executadas Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L. (CIF B15756406) e a Loaira Sistema de Persianas, S.L. (CIF B15922560) en situación de insolvencia total por importe 2.976,09 euros en concepto de principal, máis outros 297,61 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas da execución, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 1596 Clave 64 N no Banesto debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L. e Loaira Sistema de Persianas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza