Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36822

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 8/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 8/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Ramos Sánchez contra Hostelería Unida, S.A., Difusión Hostelería, S.L., Hoteles Jagou, S.L.U. e Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza do 2 de xullo de 2018, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza 340/2018.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas perante este órgano xudicial como PO (en materia de cesión ilegal de traballadores) baixo o número 8/2017, nas que é parte demandante María Dolores Ramos Sánchez, asistida pola graduada social Sra. Peteiro Cancelo, e son partes codemandadas a mercantil Hostelería Unida, S.L., que non comparece ao acto de xuízo malia constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, a mercantil Difusión Hostelera, S.L., que non comparece ao acto de xuízo malia constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, a administración concursal da dita mercantil Difusión Hostelería, S.L, que tampouco comparece ao acto de xuízo malia constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, a mercantil Hoteles Jagoe, S.L.U. que, así mesmo, non comparece ao acto de xuízo malia constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que non comparece ao acto de xuízo malia constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do rei ditou a presente sentenza con base nos seguintes,

Decido que debo desestimar e desestimo (por existir cousa xulgada material da sentenza de despedimento que xa entrou a resolver a cesión ilegal de traballadores, ex principio de non bis in idem) a demanda presentada por María Dolores Ramos Sánchez, asistida pola graduada social Sra. Peteiro Cancelo, fronte á mercantil Hostelería Unida, S.L., fronte á mercantil Difusión Hostelera, S.L., fronte á administración concursal da empresa Difusión Hostelera, S.L., fronte á mercantil Hoteles Jagoe, S.L.U., e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén, Fogasa), e, en consecuencia, debo absolver e absolvo todas as partes codemandadas dos pronunciamentos aducidos na súa contra no escrito de demanda reitor.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que ela non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación, que se presentará no plenario de cinco días contados desde o seguinte ao da notificación da presente sentenza perante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo de consignación do depósito legalmente previsto na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, coas condicións e requisitos do artigo 191, seguintes e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o pronuncio, mando e asino.

A xuíza substituta».

Para que sirva de notificación en legal forma a Difusión Hostelería, S.L. e Hoteles Jagou, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza