Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36824

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 238/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 238/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Salgueiro Castro contra Enasa System, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza do 2 de xullo de 2018, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal siguiente:

«Sentenza 338/2018.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2018

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas perante este órgano xudicial como DSP (en materia de despedimento improcedente) baixo o número 238/2018, nas cales é parte demandante José Manuel Salgueiro Castro, asistido polo graduado social Sr. Castro Freire, e son partes codemandadas a mercantil Enasa System, S.L., que non comparece ao acto de xuízo malia constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa) que, así mesmo, non comparece malia constar igualmente citado en legal forma e tempo en unida de autos para iso, en nome do rei ditou a presente sentenza con base nos seguintes...

Decido:

Que debo estimar integramente e estimo integramente a demanda interposta por José Manuel Salgueiro Castro, asistido polo graduado social Sr. Castro Freire, fronte á mercantil Enasa System, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén, Fogasa), e, en consecuencia, debo efectuar os pronunciamentos seguintes:

Que debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento de José Manuel Salgueiro Castro, con data de efectos do día 8 de maio de 2018, condenando o empresario agora demandado a optar, no prazo de cinco días hábiles contados desde a notificación da presente sentenza, entre:

a) A readmisión do traballador José Manuel Salgueiro Castro coas mesmas condicións laborais que tiña no momento de producirse o despedimento xunto co aboamento a este dos salarios de tramitación que a actuante deixase de percibir desde a data de efectos do despedimento (día 8.5.2018) ata a data de notificación da presente resolución xudicial á mercantil a razón dunha cota de 50,14 euros/día.

b) A aboarlle ao traballdor José Manuel Salgueiro Castro a indemnización por despedimento improcedente que ascende a 275,75 euros.

Deberasese entender por parte da mercantil que, para o suposto de non optar entre as opcións impostas no prazo legal dos cinco días hábiles anteriormente descrito procederá a readmisión do traballador Sr. Salgueiro Castro e, ademais, coa obriga de aboarlle a este os xa citados salarios de tramitación a razón da cota de 50,14 euros/día, con inclusión da parte proporcional das pagas extraordinarias nos termos establecidos legalmente.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade que lle corresponda asumir ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes comparecidas e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación que se presentará no prazo de cinco días hábiles contado desde o seguinte ao da notificación da presente sentenza, perante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo da consignación legalmente prevista para tal efecto na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, respectando as consideraciones e requisitos previstos no artigo 191.3.c) da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o pronuncio, mando e asino.

A xuíza substituta».

Para que sirva de notificación en legal forma a Enasa System, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza