Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2018 Páx. 36431

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (469/2016).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 469/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Trobo Fustes contra a empresa Leotrans 3000, S.L. e coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezado e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza.

A Coruña, 5 de xullo de 2018.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 469/2016, sendo parte nel, dun lado como demandante Jorge Trobo Fuestes e con DNI 32782454 W, asistido pola letrada Beatriz Sánchez Pichel, e como demandados a entidade Fogasa, representada pola letrada Rosa Prosper Montalvo e a mercantil Leotrans 3000, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza.

Decisión.

Que, estimando a demanda interposta por Jorge Trobo Fustes, con intervención do Fogasa, debo condenar e condeno a Leotrans 3000, S.L. a que lle aboe ao demandante 5.333,33 €, máis os xuros de demora correspondentes, con responsabilidade subsidiaria do Fogasa en caso de insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anuncia ante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Leotrans 3000, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza