Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2018 Páx. 36433

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1024/2015).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1024/2015 deste xulgado social, seguido por instancia de María Beatriz López Leira contra a empresa Hermanas Pérez Regueiro e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución é o seguinte:

Que, desestimando a prescrición alegada e estimando a demanda interposta por María Beatriz López Leira, con intervención do Fogasa, debo condenar e condeno a Hermanas Pérez Regueiro, S.C. a que aboe á demandante 2.505,76 euros máis os xuros de demora correspondentes.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanas Pérez Regueiro, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 9 de xullo de 2018

A letrada da Administración xustiza