Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2018 Páx. 36429

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (425/2017).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 425/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Calvo Vázquez contra a empresa Deus Creaciones, S.L e outras, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza

A Coruña, vinte e tres de xaneiro de dous mil dezaoito.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 425/2017, sendo parte neste, dun lado como demandante, Laura Calvo Vázquez e con DNI 76536032Q, asistida pola letrada Cristina Aguiar Ríos, e como demandados Gaviota Textil, S.L., representada polo letrado José Ramón Millán Cidon; Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Doble, S.L., Confecciones Deus S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confección Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Perseo Textil, S.L., Nuevo Siglo Textil, S.L. e Puntada Elaborada, S.L., non comparecen malia estaren citadas en legal forma; administración concursal de Confecciones Deus, S.L, administración concursal de Deus Creaciones, administración concursal de Costura Invisible; administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., administración concursal de Plataforma Costurera, S.L.; administración concursal de Shivishi, S.L.; administración concursal de Gaviota Textil, S.L. e administración concursal de Confección Ideal, que non comparecen malia estaren citados en legal forma; Fogasa non comparece malia estar citado en legal forma, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza

Decisión

Que, estimando a demanda interposta por Laura Calvo Vázquez contra as entidades demandadas, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, e condeno as demandadas Shivshi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Deluxe, S.L., Gaviota Textil, S.L., Pedracapela, S. L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Vainica Doble, S.L. no prazo de cinco días, á readmisión inmediata da demandante ou ao aboamento solidario dunha indemnización de 16.768,96 € máis, en caso de readmisión, os salarios de tramitación correspondentes desde a data do cesamento ata a notificación da presente resolución, que ascenden a 37,12 €/día.

Téñase en conta a opción pola indemnización efectuada por Gaviota Textil, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustiticante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Perseo Textil, S.L. , Costura Invisible, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones de Fraga, S.L., Shivshi, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza