Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34496

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra

EDICTO (120/2017).

José Luis Gutiérrez Martín, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, fai saber que no presente procedemento ordinario 120/2017, seguido por instancia de Real Club Náutico Rodeira contra Esinor Sistemas, S.L., se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«En nome do rei

Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, ditou a seguinte

Sentenza nº 34/2018

Pontevedra, 28 de marzo de 2018

Vistos por Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, os autos do xuízo ordinario 171/17-P, sobre privilexio marítimo, en que son partes o demandante Real Club Náutico Rodeira, asistido polo letrado Sr. Rodríguez Caorsi e representado pola procuradora Sra. Toro Rodríguez, e a demandada, Esinor Sistemas, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Resolución

Estimando integramente a demanda interposta por Real Club Náutico Rodeira, asistido polo letrado Sr. Rodríguez Caorsi e representado pola procuradora Sra. Toro Rodríguez, contra a demandada Esinor Sistemas, S.L., en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro o crédito reclamado como garantido cun privilexio marítimo respecto do iate Eiroa con bandeira española.

En consecuencia, debo condenar e condeno a Esinor Sistemas, S.L. a aboar á demandante a suma de 28.649,44 euros, máis os xuros legais desde a interpelación xudicial (9.5.2017) e ata a data da sentenza, en que será de aplicación o artigo 576 da LAC.

Todo iso con expresa imposición de custas á demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación, que se deberá interpor neste xulgado no prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E ao estar o dito demandado, Esinor Sistemas, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 23 de abril de 2018

O letrado da Administración de xustiza