Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34498

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (310/2017).

F04 Peza de medidas provisionais coetáneas 310/2017 0001

Procedemento de orixe: modificación de medidas suposto contencioso 310/2017

Sobre: outras materias

Demandante: María Concepción Fernández Pereira

Procurador: Manuel Sánchez Ortega

Avogada: Sonia Touceda Ferreiro

Demandado: Juan Gabriel Díaz Servin

Demetrio Mato Bartolomé, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos da Estrada, Pontevedra, dou fe:

No procedemento de modificación de medidas 310/2017, na peza separada de medidas coetáneas do mesmo número, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Debo desestimar e desestimo parcialmente a petición de medidas coetáneas á demanda de divorcio de mutuo acordo seguidas ante este xulgado co número 48/2016, presentada polo procurador dos tribunais Sr. Sánchez Ortega, en nome e representación de Mª Concepción Fernández Pereira, fronte a Juan Gabriel Díaz Servín, declarado en situación de rebeldía procesual, rexendo, en canto non sexan substituídas, mantidas ou rexeitadas polas que estableza definitivamente a sentenza que se dite no proceso principal, as establecidas na sentenza de data 4 de maio de 2016.

Non procede facer especial imposición das custas procesuais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal facéndolles saber que contra esta, de conformidade co disposto no artigo 773.3, inciso final, da LAC, non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Ricardo Antonio López Fernández, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, Xulgado de Violencia sobre a Muller da Estrada e do seu partido. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Juan Gabriel Díaz Servín, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

A Estrada, 20 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza