Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34500

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (449/2017).

María del Pilar Pazos González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, por medio do presente

Anuncio.

Neste procedemento de divorcio contencioso número 449/2017, seguido por instancia de Clara Salgueiro Ferro fronte a Ramón Fontao Fernández, ditouse sentenza con data 12 de xuño de 2018, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Admito integramente a demanda presentada por Clara Salgueiro Ferro fronte a Ramón Fontao Fernández e, en consecuencia, acordo a disolución por divorcio, con todos os efectos legais do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes o 20 de febreiro de 1988 en Silleda e inscrito no Rexistro Civil desta localidade.

Declárase disolta a sociedade de gananciais.

Unha vez que sexa firme a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Decláranse as custas de oficio.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta sentenza non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que deberá interporse ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o seguinte á notificación daquel. Para a interposición do dito recurso deberá acreditarse a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso. A interposición do recurso non suspenderá o procedemento de execución.

Así o acordo e asino, Gonzalo Sans Besada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín.

E encontrándose o dito demandado, Ramón Fontao Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lalín, 20 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza