Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34502

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 181/2017).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 181/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Pallas Bouzas contra o Ministerio Fiscal, Shivshi, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Deus Creaciones, S.L., administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Isaías González García, administración concursal Costura Invisible, S.L., administracion concursal Confecciones Fraga, S.L., administración concursal Confección Ideal, S.L., administración concursal Deus Creaciones, S.L., administración concursal Plataforma Costurera, S.L., administración concursal Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Novo Século Téxtiles, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Dobre, S.L., administración concursal Gaviota Textil XXI, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Costura Invisible, S.L., Confección Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

A Coruña, 18 de xuño de 2018.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 181/2017 e acumulados, sendo parte nel, dun lado como demandante María Jesús Pallas Bouza, representada pola letrada María Rodríguez Seoane, e como demandados administración concursal Confección Ideal, S.L., representado pola letrada Cristina Suárez Gestal e Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi S.L.,

Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Doble, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confección Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Perseo Textil, S.L., Nuevo Siglo Textil, S.L. e Puntada Elaborada, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Fogasa, administración concursal Confecciones Deus, S.L., administración concursal Deus Creaciones, S.L. e administración concursal Costura Invisible, S.L., administración concursal Confecciones Fraga, S.L., administración concursal Plataforma Costurera, S.L., administración concursal Shivshi, S.L. e administración concursal Gaviota Textil XXI, S.L., que non comparecen, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na que, tras expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decisión.

Que, estimando as demandas acumuladas interpostas por María Jesús Pallas Bouzas contra as entidades demandadas debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data da presente resolución, e condeno as demandadas Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L. e Confecciones Fraga, S.L. ao aboamento solidario dunha indemnización de 24.170,49 € máis 16.593,85 € por salarios de tramitación e 3.616,38 € por salarios debidos, con absolución das restantes entidades demandadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “conta de depósitos e consignacións” que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L, Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainca Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Perseo Textil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e administración concursal Shivshi, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza