Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34505

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 53/2018).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 53/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Rodríguez Rodríguez contra Grupo Horpcasa de Hormigones y Áridos, S.L., sobre despedimento, se despachou execución mediante auto de data 14 de xuño de 2018, impugnable en reposición no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Grupo Horpcasa de Hormigones y Áridos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 14 de xuño de 2018

O letrado da Administración de xustiza