Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34506

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 124/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 124/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Souto Blanco e Ramón Blanco López contra Transportes Amajosa, S.L. e Fogasa se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza número 301/2017 de data 16 de xuño, ditada no procedemento PO 36/2015, a favor da parte executante, Mónica Souto Blanco e Ramón Blanco López fronte a Transportes Amajosa, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 3.421,86 euros en concepto de principal (1.320,17 euros en concepto de salario a Mónica Souto Blanco e 344,69 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET, 1.393,23 euros en concepto de salario a Ramón Blanco López e 363,77 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 342,18 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

1. Requirir a executada Transportes Amajosa, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 3.421,86 euros en concepto de principal (1.320,17 euros en concepto de salario a Mónica Souto Blanco e 344,69 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET, 1.393,23 en concepto de salario a Ramón Blanco López e 363,77 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 342,18 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0124 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación deles a través da aplicación informática deste xulgado.

2. Requirir a Transportes Amajosa, S.L. co fin de que no prazo de 10 días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

3. Requirir a parte executante Mónica Souto Blanco e Ramón Blanco López para que acheguen número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir as cantidades que, se é o caso, puidesen obterse na presente execución.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Transportes Amajosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza