Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34509

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 66/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 66/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Parrado Bermúdez contra María Dolores Ferreiro Varela, Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018.

Por recibida dilixencia negativa do Servizo Común de Notificacións e Embargos por non responder ninguén no domicilio deixando nota de aviso, únase aos autos da súa razón, e non constando máis domicilios da executada practíquese a notificación a través de edictos.

Acórdase a suspensión da comparecencia prevista para o día 22 de xuño de 2018 e procédese a sinalar nova data para a súa realización o próximo día 11 de setembro de 2018 ás 11.45 horas na Sala de Audiencias número 1 deste xulgado sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolle saber que debe asistir cos medios de proba de que intenten valerse.

Sírvalles de citación a notificación da presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación ante o/a letrado da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a María Dolores Ferreiro Varela, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza