Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34511

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 123/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 123/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Díaz Lemonche contra a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018

Parte dispositiva

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza nº 198/2018, do 18 de abril de 2018, ditada no procedemento ordinario 401/2016 a favor da parte executante, Javier Díaz Lemonche, contra a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica e Fogasa, parte executada, por importe de 11.029,84 euros en concepto de principal (9.045,52 euros en concepto de diferenzas salariais e vacacións; 1.784,32 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da cantidade anterior; 200 euros en concepto de honorarios de letrado), máis outros 1.102,98 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a xuíz/a

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018

Parte dispositiva

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación nesta executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, dar audiencia previa á parte demandante, Javier Díaz Lemonche e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens. Do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS)).

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza