Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34513

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 142/2016).

Procedemento ordinario (PO) 142/2016

Demandante: María Esperanza Prol Bao

Avogada: María Sol Romero Salgado

Demandados: Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, Joyería Bao, S.L.

Avogados: letrado de Fogasa, (…)

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 142/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Esperanza Prol Bao contra Joyería Bao, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar a demanda presentada por instancia de María Esperanza Prol Bao contra a entidade Joyería Bao, S.L. e Fogasa, e debo condenar a entidade demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 9.605,20 euros, en concepto de indemnización por despedimento obxectivo, máis os xuros do artigo 1.108 do CC sobre a dita cantidade, devindicados desde a data da presentación da papeleta de conciliación ata a data da presente resolución, máis a cantidade de 13.480,44 euros, en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS do 17 de xuño de 2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírteselles ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fóra traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, e deberá indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Joyería Bao, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselles ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza