Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34515

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 631/2016).

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

PO. Procedemento ordinario 631/2016

Demandante: José Antonio Tejo Pita

Avogado: Evaristo Corujo Martínez

Demandados: Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) e Masalo 10, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 631/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Tejo Pita contra Masalo 10, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar substancialmente a demanda presentada por instancia de José Antonio Tejo Pita contra a entidade Masalo 10, S.L. e Fogasa, e debo condenar a demandada ao aboamento ao demandante da cantidade de 2.073,09 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) sobre a dita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS do 17 de xuño de 2014) ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que non cabe interpor recurso de suplicación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Masalo 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza