Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34494

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4705/2017 CON).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4705/2017-CON

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 878/2015 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: Jesús Abel Balado Taboada

Graduada social: María Begoña Rodríguez Fernández

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Euro Roca, S.L., Pavimentos Naturales, S.A.

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4705/2017-CON desta sala, seguido por instancia de Jesús Abel Balado Taboada contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Euro Roca, S.L., Pavimentos Naturais, S.A., sobre xubilacion, se ditou a seguinte resolución:

Que sen entrar no fondo do recurso, por incompetencia funcional en razón da contía debatida, debemos inadmitir o recurso de suplicación formulado pola representación letrada de Jesús Abel Balado Taboada contra a sentenza ditada o 23 de xuño de 2017 polo Xulgado do Social número 3 dos de Vigo en autos número 878/2015 sobre pensión de xubilación contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e con anulación das actuacións posteriores ao momento de se lles notificar ás partes a sentenza de instancia, declárase firme.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pavimentos Naturales, S.A, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza