Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34492

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (364/2018 MBL).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 364/2018 MBL

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 11/2014 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrente: Manuel Luciano Calvo Blanco

Avogado: Manuel López Núñez

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Auxini, S.A., Mutua de Seguros y Reaseguros a Prima Fija (Musini)

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 364/2018 desta sala, seguido por instancia de Manuel Luciano Calvo Blanco contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Auxini, S.A. e Mutua de Seguros y Reaseguros a Prima Fija (Musini), sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante Manuel Luciano Calvo Blanco contra a sentenza de data vinte e catro de outubro de dous mil dezasete, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, en autos número 11/2014 promovidos polo demandante, contra o INSS e a TXSS, Auxini, S.A. e Mutua de Seguros y Reaseguros a Prima Fija (Musini), sobre revisión de incapacidade derivada de accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Auxini, S.A. e a Mutua de Seguros y Reaseguros a Prima Fija (Musini), en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza