Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34490

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1129/2018 CG).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1129/2018

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 363/2017 Xulgado do Social número 1 de Ourense

Recorrente: Pedro Rodríguez Fernández

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Granitos Seoane, S.L.

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Seguridad Social, María José Martínez-Fariza Conde, (…)

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1129/2018, seguido por instancia de Pedro Rodríguez Fernández contra Granitos Seoane, S.L. e outros, sobre accidente, se ditou no día da data a seguinte resolución:

Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Antonio Valencia Fidalgo, en nome e representación de Pedro Rodríguez Fernández contra a sentenza de data vinte de setembro de dous mil dezasete, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Ourense, en autos seguidos por instancia do recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Servizo Galego de Saúde, a Mutua Galega de Accidentes de Traballo e a empresa Granitos Seoanes, S.L., sobre determinación de continxencia de accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Granitos Seoane, S.L. con último domicilio coñecido en Seoane, 26, Allariz, e actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza