Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2018 Páx. 34312

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1397/2015).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, fago saber:

Sentenza nº 323

En Vigo, 23 de xuño de 2017

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1397/2015, sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, por instancia de María del Carmen Gómez Porto, representada pola procuradora dos tribunais María Jesús Nogueira Fos e con asistencia letrada de Emilio Pousa Fuente, contra Fernando Daniel Álvarez Montero, declarado en situación procesual de rebeldía, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base no seguinte:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolvo:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais, Sra. Nogueira Fos, en nome e representación de María del Carmen Gómez Porto, contra Fernando Daniel Álvarez Montero, declarado en situación de rebeldía, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, estimo parcialmente esta e fago os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia do fillo menor atribúeselle á Sra. Gómez Porto e a patria potestade será compartida por ambos os proxenitores.

Segundo. En concepto de alimentos para o seu fillo, o Sr. Álvarez Montero aboará a cantidade de 150 euros ao mes, que ingresará na conta corrente que para o efecto designe a nai, dentro dos cinco primeiros días de cada mes, e que se actualizará anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos de consumo que publique o Instituto Nacional de Estatística.

Terceiro. Ambos os proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xere o menor, entre os cales se encontran os médicos non cubertos pola Seguridade Social; non terán esta consideración os libros de texto, material escolar, uniforme, transporte e comedor escolar, matrícula escolar nin actividades extraescolares.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei de axuizamento civil (LAC), se lle notifica a Fernando Daniel Álvarez Montero por medio deste edicto.

Vigo, 11 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza