Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2018 Páx. 34314

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (DCT 1239/2016).

DCT. Divorcio contencioso 1239/2016

Procedemento de orixe: sobre divorcio contencioso

Demandante: Ionica Ilie

Procurador: Francisco Javier Toucedo Rey

Demandado: Paul Ilie

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, por este edicto,

Anuncio.

Neste procedemento de divorcio contencioso seguido por instancia de Ionica Ilie contra Paul Ilie, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 189.

Vigo, 16 de maio de 2018.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1239/2016, sobre disolución de matrimonio por divorcio, en que actúa como demandante Ionica Ilie, representada polo procurador dos tribunais Francisco Javier Toucedo Rey e con asistencia letrada de María Isabel Vilar Carneiro, contra Paul Ilie, declarado en situación procesual de rebeldía, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base no seguinte:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo.

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais, Sr. Toucedo Rey, en nome e representación de Ionica Ilie, contra Paul Ilie, declarado en situación procesual de rebeldía, desestimo esta sen prexuízo de que a parte demandante poida reiterar a súa petición no futuro.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Modo de impugnación. Recurso de apelación no prazo de vinte (20) días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial».

Ao encontrarse o dito demandado, Paul Ilie, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 15 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza