Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2018 Páx. 34310

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (PO 385/2016).

Eu, María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, fago saber que no presente procedemento de xuízo ordinario número 385/2016, seguido por instancia de Alpha Insurance fronte a Gladys Otero Castro e Celis Tumba León, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Vigo, 26 de abril de 2016.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade co número 385/2016, promovidos por Alpha Insurance, representada polo procurador Sr. Vidal Ruibal e asistida do letrado Sr. Castillo Díaz; contra Gladys Otero Castro, representada pola procuradora Sra. Vicente Velasco e asistida do letrado Sr. Gómez Gamallo, e contra Celis Tumba León, en situación procesual de rebeldía.

Resolución

Téñase por desistida a representación de Alpha Insurance da demanda dirixida contra Gladys Otero Castro, con imposición á demandante das custas derivadas da dita acción.

Desestimando na súa integridade a demanda promovida pola representación de Alpha Insurance contra Celis Tumba León, debo absolver e absolvo o demandado das pretensións dirixidas contra el, con imposición á demandante das custas procesuais derivadas da dita acción.

Notifíquese ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que se deberá interpor neste xulgado no prazo de vinte (20) días desde a súa notificación, para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído un depósito de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste órgano.

E ao estar o dito demandado, Celis Tumba León, en paradoiro descoñecido, expídese este edico co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 15 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza