Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2018 Páx. 34308

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 718/2015).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza número 46/2017.

Xuízo ordinario número 718/2015.

Obxecto: incumprimento contractual promotora/construtora, defectos da construción.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2017.

Resolución.

Estimo integramente a demanda interposta pola comunidade de propietarios do edificio da rúa Molinera 22-24 contra Geslander Proyectos de Edificación, S.L. e, en consecuencia:

– Declaro que a dita demandada é responsable dos defectos construtivos existentes no edificio derivados de incumprimento contractual e descritos no feito sexto da demanda.

– Condeno a dita demandada a efectuar as reparacións necesarias para a eliminación e corrección dos defectos de construción existentes, no modo en que se determina no informe pericial presentado pola parte demandante (punto 7, páxinas 50-55) e descritos no feito oitavo da demanda, de modo que se deixe o edificio afectado no estado de habitabilidade e seguranza que debería ter de non ter sido construído defectuosamente.

Todo isto con imposición á demandada das custas do proceso.

Desestimo integramente a demanda interposta pola comunidade de propietarios do edificio da rúa Molinera 22-24 contra Construcciones La Rosaleda, S.L. e, en consecuencia, absólvoa de todos os pronunciamentos solicitados na súa contra, con imposición á demandante das custas do proceso.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que non é firme e que contra ela se poderá interpor recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que se deberá presentar neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 €.

O depósito da expresada suma deberá acreditarse ao interpor o recurso, a cuxo escrito se xuntará copia do xustificante ou da orde de ingreso. Sen este requisito non será admitido a trámite. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, o pronuncio, mando e asino, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, leu e publicou a anterior sentenza a xuíza que a ditou. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Geslander Proyectos de Edificación, S.L., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2018

Mª del Carmen Vázquez Rodríguez
Letrada da Administración de xustiza