Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2018 Páx. 34307

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (445/2017).

Eu, Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de María del Carmen Miguélez Díaz fronte a Coruñesa de Suministros Industriales, S.L.U. e Marcos Loureiro Corral, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolución.

Que, estimando en parte a demanda interposta polo procurador Diego Ramos Rodríguez, en nome e representación de María del Carmen Miguélez Díaz, debo condenar e condeno a Coruñesa de Suministros Industriales, S.L.U. e a Marcos Loureiro Corral a que aboen á demandante a cantidade de once mil setecentos corenta e seis euros (11.746 euros).

As custas serán por conta da parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación.

Así, por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estaren os ditos demandados, Coruñesa de Suministros Industriales, S.L.U. e Marcos Loureiro Corral, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma. Fáiselles saber que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo dos vinte (20) días seguintes ao da súa publicación.

A Coruña, 30 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza