Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2018 Páx. 34305

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (739/2018).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 739/2018-GA

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 383/2017 Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: letrado da Seguridade Social

Recorrido: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Nurtime, S.L., Administración concursal Nurtime, S.L. (Juan Ramiro Agra Requeijo)

Avogado: letrado da Tesouraría da Seguridade Social, María Araceli Martínez Araújo, Juan Ramiro Agra Requeijo

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 739/2018-GA desta sala, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, Nurtime, S.L., administración concursal Nurtime, S.L.(Juan Ramiro Agra Requeijo) sobre outros dereitos da Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola letrada Mónica Rodríguez Mosquera, en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 de Vigo, do 30 de novembro de 2017, en autos nº 383/2017, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Nurtime, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza