Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2018 Páx. 33836

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (531/2016).

Procedemento ordinario 531/2016

Procedemento orixe: xuízo verbal 531/2016

Sobre outras materias

Demandado: Luis González González, Amparo González González, Antonio González, José-María-Ramiro-Antonio González Fernández, Amparo González, Francisco-Javier González López, Carlos González López, Amalia González López, Susana-Gloria González López, Ángel González López

María José Vázquez Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Juan Carlos González López e Rosario López Rodríguez fronte a Luis González González, Amparo González González, Antonio González, José-María-Ramiro-Antonio González Fernández, Amparo González, Francisco-Javier González López, Carlos González López, herdeiros de Amalia González López, Susana-Gloria González López e Ángel González López ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Sarria, 7 de maio de 2018.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Ana María López Vila, en nome e representación de Juan Carlos González López e Rosario López Rodríguez e debo declarar e declaro:

Que Juan Carlos González López, Rosario López Rodríguez, José María Ramiro Antonio González Fernández, Luis González González, Amparo González González, Antonio González, Amparo González Blanco, Javier González López, Carlos González López, Amalia González López, Susana Gloria González López e Ángel González López son os únicos partícipes da titularidade dos terreos descritos no feito primeiro da demanda nas proporcións expresadas no feito primeiro e segundo da demanda.

Que os demandantes Juan Carlos González López, Rosario López Rodríguez e os demandados José María Ramiro Antonio González Fernández, Luis González González, Amparo González González, Antonio González, Amparo González Blanco, Javier González López, Carlos González López, Amalia González López, Susana Gloria González López e Ángel González López son os únicos interesados en proceder á disolución da comunidade de propietarios que se conforman en cada un dos predios descrito no feito primeiro da demandada e acórdase a disolución e liquidación da comunidade de bens de cada un dos predios expostos conforme as porcentaxes que corresponden a cada un dos partícipes, todo iso conforme as porcentaxes establecidas na demanda.

Dada a indivisibilidade de cada un dos predios, acórdase a venda en pública poxa con admisión de licitadores estraños.

Con imposición de custas á parte demandada.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación, que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de 20 días seguintes ao da súa notificación».

E encontrándose os demandados, Antonio González, José-María-Ramiro-Antonio González Fernández, herdeiros de Amalia González López, Susana-Gloria González López e Ángel González López e aqueloutros demandados cuxo domicilio fose descoñecido, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Sarria, 10 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza