Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2018 Páx. 33835

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (PO 186/2017).

Procedemento ordinario 186/2017

Procedemento de orixe: sobre reclamación de cantidade

Demandante: María Mercedes Taibo Sánchez

Procuradora: Rosa Goris Mayán

Avogada: María Blanco Mariño

Demandado: Óscar Carou Sandias

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fago saber que Rosa Lama Marra, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, ditou a Sentenza do 14 de xuño de 2018, nos autos de xuízo ordinario 186/2017, promovidos por María Mercedes Taibo Sánchez, baixo a dirección letrada de María Blanco Mariño, contra Óscar Carou Sandias, en situación procesual de rebeldía.

Contra a dita resolución cabe recurso de apelación.

De conformidade co disposto no artigo 497.2 da Lei de axuizamento civil (LAC), por este edicto notifícalle a Óscar Carou Sandias, en paradoiro descoñecido, ao cal, así mesmo, se lle fai saber que poderá ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 14 de xuño de 2018

Fátima García Castro
Letrada da Administración de xustiza