Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2018 Páx. 33833

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (219/2016).

Procedemento ordinario 219/2016, sección P

Procedemento de orixe: monitorio 751/2015, sobre reclamación de cantidade

Demandante: José Antonio Domínguez Cid

Procuradora: Mónica Mourelo Pérez

Avogado: Benito Rodríguez Bouzas

Demandado: Jaime Rodríguez Domínguez

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din así:

Sentenza.

En Ourense o 16 de maio de 2018.

Darío-Carpio Estévez Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, ditou a presente no procedemento civil ordinario 219/2016, en que é parte demandante José Antonio Domínguez Cid a quen representa a procuradora Sra. Mourelo Pérez con asistencia técnica do letrado Sr. Rodríguez Bouzas, fronte a Jaime Rodríguez Domínguez, o cal foi declarado en situación procesual de rebeldía ao non comparecer a xuízo, cos seguintes,

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda presentada pola procuradora Sra. Mourelo Pérez, actuando en nome e representación de José Antonio Domínguez Cid, fronte a Jaime Rodríguez Domínguez, e na devandita razón procede a condena deste último a que aboe ao demandante a cantidade de 30.000,00 euros, á cal resultan de aplicación os xuros do artigo 1108 CC, desde a data da interpretación xudicial ata a data da sentenza, e a partir desta os xuros procesuais do artigo 576 LAC ata a data do definitivo cumprimento, así como ao aboamento das custas procesuais causadas. Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense nos termos previstos na LAC na súa nova redacción.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa. Dario Carpio Estévez Pérez. Asinado e rubricado.

E para que conste e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, polo presente notifícase en forma ao demandado Jaime Rodríguez Domínguez, declarado en situación de rebeldía procesual, expido e asino o presente.

Ourense, 24 de maio de 2018

O/a letrado/a da Administración de xustiza