Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2018 Páx. 33832

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2018 pola que se corrixen erros advertidos na Resolución do 25 de xuño de 2018 pola que se nomea profesor titular de universidade a Fernando Francisco Avecilla Porto.

Advertidos erros na Resolución do 25 de xuño de 2018 (DOG do 6 de xullo), da Universidade da Coruña, pola que se nomea profesor titular de universidade a Fernando Francisco Avecilla Porto, este reitorado, ao abeiro do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede á súa rectificación nos seguintes termos:

No sumario e texto da resolución:

Onde di: «área de coñecemento de Química Orgánica», debe dicir: «área de coñecemento de Química Inorgánica».

A Coruña, 10 de xullo de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña