Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2018 Páx. 33838

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (905/2014).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 905/2014 por instancia de Verónica Chans Triñanes contra a empresa Berca Patrimonio, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou sentenza o 18 de abril de 2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase a demanda formulada por Verónica Chans Triñanes fronte á empresa Berca Patrimonio, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Berca Patrimonio, S.L. a aboar a Verónica Chans Triñanes a cantidade de mil cento cincuenta euros con oito céntimos de euro (1.150,08 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Berca Patrimonio, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 14 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza