Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2018 Páx. 32694

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ribeira

EDICTO (141/2016).

Eu, Cristina Mouriño Guerreiro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ribeira, fago saber que no presente procedemento de xuízo verbal número 141/2016, seguido por instancia de Construcciones Domínguez Arias e Hijos, S.L. fronte a María Covadonga García Fernández, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva literalmente din:

«Sentenza.

Ribeira, 8 de xaneiro de 2018.

Vistos por María Esther Díaz Ces, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ribeira, os presentes autos de xuízo verbal 141/2016, seguidos por instancia de Construcciones Domínguez Arias e Hijos, S.L., representada pola procuradora dos tribunais Sra. Ramos Picallo e asistida polo letrado Sr. Sánchez García, fronte a María Covadonga García Fernández, sobre reclamación de cantidade.

Resolución.

Estimo a demanda formulada por Construcciones Domínguez Arias e Hijos, S.L. fronte a María Covadonga García Fernández e, en consecuencia, condeno a María Covadonga García Fernández a pagar a Construcciones Domínguez Arias e Hijos, S.L. a cantidade de cinco mil setecentos vinte e oito euros con setenta e sete céntimos (5.728,77 €), máis os xuros devindicados sobre esta suma ao tipo de xuro legal do diñeiro desde o pasado día 15 de marzo de 2016 ata a data da presente resolución.

Condeno igualmente a María Covadonga García Fernández ao pagamento das custas procesuais causadas nesta instancia.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, polo que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de apelación para ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña no prazo de vinte (20) días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Tal recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banco Santander, S.A., na conta deste expediente 1582-0000 consignando, no campo “concepto”, a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo Observacións a data da resolución impugnada, co formato dd/mm/aaaa.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado e déixese no procedemento testemuño bastante.

Así, por esta miña sentenza, xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

A xuíza».

E ao estar a dita demandada, María Covadonga García Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ribeira, 2 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza