Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2018 Páx. 32693

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 432/2018 BPB).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 432/2018 desta sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Pablo Táboas Vilaboa, entidade Riobó y Vázquez, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre accidente de grao, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Resolvemos:

Que, con desestimación do recurso interposto pola Mutua Gallega, confirmamos a sentenza que con data do 13.11.2017 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, e pola cal se rexeitou a demanda formulada e se absolveu o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Pablo Táboas Vilaboa, a empresa Riobó y Vázquez, S.L.».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Riobó y Vázquez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza