Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2018 Páx. 32692

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2018 pola que se corrixen erros advertidos na Resolución do 18 de xuño de 2018 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

Advertidos erros na Resolución do 18 de xuño de 2018, da Universidade da Coruña, pola que se convoca a concurso de acceso a prazas dos corpos docentes universitarios, publicada no Diario Oficial de Galicia número 124, do 29 de xuño, e ao abeiro do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa rectificación nos seguintes termos:

Na páxina 31543, no anexo I, no concurso número 18/035:

Onde di: «Actividade docente e investigadora: 613G03035 Literatura norteamericana 2; 4505006 Perspectivas transculturais no ámbito anglófobo».

Debe dicir: «Actividade docente e investigadora: 613G03035 Literatura norteamericana 2; 4505006 Perspectivas transculturais no ámbito anglófono».

No anexo II, nas prazas números 18/036 (na páxina 31546) e 18/037 (na páxina 31547):

Onde di: «Corpo: catedrático/a de universidade».

Debe dicir: «Corpo: profesor/a titular de universidade».

A Coruña, 3 de xullo de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña