Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2018 Páx. 32696

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1080/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1080/2015, por instancia de José Francisco Suárez Seoane contra a empresa Revesgran, S.L., a Mutua Gallega, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o Fondo de Garantía Salarial, sobre incapacidade permanente, en que se ditou sentenza con data do 5 de xuño de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase a demanda interposta por José Francisco Suárez Seoane fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e, en consecuencia:

– Declárase que José Francisco Suárez Seoane, con causa en accidente de traballo, está afecto de invalidez permanente total para a súa profesión habitual, e condénase a Mutua ao aboamento da correspondente prestación, que ascende a un 55 % da base reguladora de 976,62 euros, con responsabilidade subsidiaria das entidades xestoras en caso de insolvencia daquela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Revesgran, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de xuño de 2018

A secretaria xudicial