Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2018 Páx. 31355

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4922/2017 IP).

Casación en unificación de doutrina: 122/2018 IP

Parte recorrente: María Jesús Amado Rodríguez

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4922/2017

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 588/2016. Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: María Jesús Amado Rodríguez

Avogado: Jesús Porta Dovalo

Recorridos: Fogasa, Izar Construcciones Navales, S.A., María del Carmen Rodríguez Vázquez, José Luis Amado Rodríguez, Yolanda Amado Rodríguez, Santiago González Garay

Avogado/a: letrado del Fogasa, Abel López Carballeda, Jesús Porta Dovalo

Procuradora: María Susana Díaz Gallego

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4922/2017 desta sección, seguido por instancia de María Jesús Amado Rodríguez contra o Fogasa, Izar Construcciones Navales, S.A., María del Carmen Rodríguez Vázquez, José Luis Amado Rodríguez, Yolanda Amado Rodríguez, Santiago González Garay, sobre outros dereitos seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación do/da letrado/a da Administración de xustiza: María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 23 de maio de 2018.

O anterior escrito subscrito polo letrado Jesús Porta Dovalo, en nome e representación de María Jesús Amado Rodríguez, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Ao primeiro e ao segundo outrosí digo téñense por feitas as manifestacións contidas neles.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 2 de Ferrol que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

O/a letrado da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Indunor, S.A. e Santiago González Garay, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza